VIXILIA POLA VIDA NACENTE


O Papa Benedito XVI convocou para o próximo 27 de novembro a todos os católicos do mundo, a unha Vixilia de oración en defensa da vida que se atopa por nacer que non só abarca todo tipo de aborto, senón tamén defender a toda persoa humana no seu estadio embrional (como se dá no caso de fertilización in vitro, investigacións de células nai, etc.).
Así, o vindeiro sábado 27 de novembro o Santo Pai celebrará na Basílica de San Pedro unha solemne "Vixilia pola vida nacente" coincidindo coas Primeiras Vésperas do primeiro Domingo de Advento no marco da próxima solemnidade da Natividade do noso Señor Xesucristo.Na mensaxe de convocatoria sinálase que: "Todos nós somos concientes dos perigos que ameazan hoxe a vida humana por mor da cultura relativista e utilitarista que ofusca a percepción da dignidade propia de cada persoa humana, calquera que sexa o estadio do seu desenvolvemento. Estarnos chamados máis que nunca a ser o pobo da vida" (Juan Pablo n, Encíclica Evangelium vitae, n. 79) coa oración e o compromiso.
O Santo Pai pediu que nas Igrexas particulares os Bispos presidan celebracións análogas e involucren ás parroquias, ás comunidades relixiosas, ás asociacións e aos movementos a sumarse a esta vixilia universal en defensa da vida nacente.

Comentarios

Entradas populares