29 de noviembre de 2010

VIXILIA DA INMACULADA


O próximo día 7 ás 20:00h. celebraremos na Catedral de Lugo, presidida polo Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, a tradicional Vixilia da Inmaculada Concepción. Unha boa ocasión para que as nosas familias se encontren darredor da Virxe María.

26 de noviembre de 2010

En unión con Benedito XVI
VIXILIA POLA VIDA NACENTE

Programa de "Clásica en Radio María"que estivo dedicado á vida nacente. Pode ser unha boa preparación para a Vixilia do sábado. O programa (nº 26: Canción de cuna) pode oírse en internet ou descargarse en MP3.


podcast 26. Canción de cuna - Clasica en Radio Maria - Juan Miguel Prim Goicoechea Poderato.com/juanmiguelprim

15 de noviembre de 2010

En unión con Benedito XVI
VIXILIA POLA VIDA NACENTE NA NOSA DIOCESE




I Domingo de Advento, solemnidade
Primeiras Vesperas
Sábado, 27 de novembro de 2010.

Desde a Delegación Diocesana de Pastoral Familiar invitamos a unirnos á iniciativa do Santo Pai que celebrará o vindeiro sábado 27 de novembro na Basílica de San Pedro unha solemne "Vixilia pola vida nacente" coincidindo coas Primeiras Vésperas do primeiro Domingo de Advento.

Na nosa diocese poderemos participar, entre outros lugares, en:

S.I. CATEDRAL: 20:00h.
Presidida polo noso Bispo Mons. Alfonso Carasco Rouco.

LUGO: Parroquia San Antonio: 19:30h.

LUGO: Parroquia da Milagrosa: 19:30h.

SARRIA: Parroquia do Rosario 19:00h.

BARALLA: 19.00h.

MEIRA: 19:00h.

MELIDE: 19:00h.

LALÍN: 19:30. Rosario - 20:00h.STA. MISA e a continuación Exposición do Santísimo.

POBRA DE BROLLÓN: 17:30h. Rosario e exposición do Stmo. A continuación Sta. Misa.



14 de noviembre de 2010

VIXILIA POLA VIDA NACENTE
CARTA DO NOSO BISPO:
O sábado 27 de novembro o Papa Benedito XVI abrirá o novo ano litúrxico coa celebración dunha “Vixilia pola vida nacente” na Basílica de San Pedro, coincidindo coas Primeiras Vésperas do primeiro Domingo de Advento, tempo de vixilante e alegre espera do Nacemento en Belén de Xesús noso Señor.
O noso Papa pediu que todos os bispos diocesanos de cada Igrexa particular presidamos celebracións análogas, que involucren aos fieis nas súas respectivas parroquias, comunidades relixiosas, asociacións e movementos.
É un chamamento que quere servir ao anuncio do “Evanxeo da vida”, que se converteu nos nosos días nunha “tarefa urxente para os cristiáns, chamados a ser as sentinelas dun porvir no que o respecto e a defensa da dignidade de todos sexan o fundamento da sociedade verdadeiramente humana”. (Nota da Subcomisión para Familia e Vida, 2002)
Na Diocese de Lugo queremos unirnos á iniciativa do Santo Pai e propoñemos a celebración dunha vixilia semellante. Celebrarémola na nosa Catedral Basílica, e invitámosvos a preparala tamén en cada arciprestado. Enviaravos o material correspondente a Delegación Diocesana de Pastoral Familiar.
A oración pola vida é algo que se fai dende sempre na Igrexa. Respondendo a invitación do Papa, asumiremos o noso compromiso de acoller e anunciar a boa nova da familia e a vida, e conscientes de que todos, en cada parroquia, “temos que facernos cargo do outro como persoa confiada por Deus á nosa responsabilidade... tendo unha preferencia especial por quen é máis pobre, está só e necesitado. O servizo da caridade á vida debe ser profundamente unitario: non se poden tolerar unilateralidades e discriminacións, porque a vida humana é sagrada e inviolable en todas as súas fases e situacións”. (Evangelium Vitae)
Esta vixilia extraordinaria é unha oportunidade importante para que os fieis das nosas parroquias, coas comunidades relixiosas, as asociacións e os movementos, crezan na fe en Deus noso Pai e na intelixencia dos perigos que ameazan á "vida nacente" na nosa sociedade e desafían á nosa conciencia moral, e, con caridade acolledora, saiban responder a todas as necesidades dos que esperan hoxe o nacemento dun fillo.
Expresaremos así a nosa esperanza, que alenta especialmente no Advento, de que a existencia de cada un é un ben verdadeiro, un don do Pai celestial, que a todos mira con agarimo e amor e a todos chama a unha plenitude de vida, de gracia e de paz.


+ Alfonso Carrasco Rouco
Bispo de Lugo

4 de noviembre de 2010

VIXILIA POLA VIDA NACENTE

O material preparado para esta vixilia pódese atopar en:

http://www.conferenciaepiscopal.es/ceas/familia/vida/VigiliaVida.pdf

3 de noviembre de 2010

VIXILIA POLA VIDA NACENTE


O Papa Benedito XVI convocou para o próximo 27 de novembro a todos os católicos do mundo, a unha Vixilia de oración en defensa da vida que se atopa por nacer que non só abarca todo tipo de aborto, senón tamén defender a toda persoa humana no seu estadio embrional (como se dá no caso de fertilización in vitro, investigacións de células nai, etc.).
Así, o vindeiro sábado 27 de novembro o Santo Pai celebrará na Basílica de San Pedro unha solemne "Vixilia pola vida nacente" coincidindo coas Primeiras Vésperas do primeiro Domingo de Advento no marco da próxima solemnidade da Natividade do noso Señor Xesucristo.Na mensaxe de convocatoria sinálase que: "Todos nós somos concientes dos perigos que ameazan hoxe a vida humana por mor da cultura relativista e utilitarista que ofusca a percepción da dignidade propia de cada persoa humana, calquera que sexa o estadio do seu desenvolvemento. Estarnos chamados máis que nunca a ser o pobo da vida" (Juan Pablo n, Encíclica Evangelium vitae, n. 79) coa oración e o compromiso.
O Santo Pai pediu que nas Igrexas particulares os Bispos presidan celebracións análogas e involucren ás parroquias, ás comunidades relixiosas, ás asociacións e aos movementos a sumarse a esta vixilia universal en defensa da vida nacente.
RECIENTE PUBLICACIÓN

El amor incondicional es algo que se promete con entusiasmo en las ceremonias de boda, pero rara vez se practica en la vida real. En consecuencia, a menudo las esperanzas románticas son reemplazadas por desilusiones en el hogar. Sin embargo, no tiene por qué ser así.
El desafío del amor, como aparece en la nueva película A prueba de fuego [Fireproof], consiste en un reto de 40 días para que esposos y esposas comprendan lo que es el amor incondicional y lo practiquen. Ya sea que tu matrimonio penda de un hilo o goce de excelente salud, El desafío del amor es una travesía que necesitas emprender.

Más información:

http://www.bhpublishinggroup.com/eldesafio/index.asp