Encontro de familias, ensino e catequese

O próximo 4 xuño dende as 10:30 da mañá, no Colexio San Xosé (Xosefinas) de Lugo, celebraremos un encontro de familias, ensino e catequistas, organizado pola Vicaría de Ensino, a delegación de Familia e a Delegación de Catequese; e presidido polo noso Bispo.
Terá lugar de acordo co seguinte programa:
10:30 Acollida
11:00 Oración
11:15 Mesa redonda: "Familia, ensino e catequese: tarefa común"
Interveñen:
Rodrigo Rúa Iglesias - Delegado de Familia
Mario Vázquez Carballo - Vicario de Ensino
José Pérez Barreiro - Delegado de Catequese
12:00 Diálogo
12:30 Eucaristía
13:30 Comida
15:00 Sobremesa máxica
16:00 Información
16:30 Oración e clausura
Haberá actividades especiais para os nenos que participen.

Comentarios

Entradas populares