28 de febrero de 2011

40 días pola Vida
40 Días de Oración pola Vida é unha campaña que se inicia este ano a partir da Coresma, desde o 9 de marzo ao 17 de abril, e que se desenvolverá anualmente en toda España. 40 Días pola Vida en España é absolutamente alleo a grupos, asociacións, movementos, partidos, etc., e non representa a ninguén. Tampouco recada diñeiro. A única finalidade desta Campaña Nacional de Oración é rezar pola vida. Os participantes comprométense a rezar diariamente pola vida nunha igrexa, no seu fogar, no seu lugar de traballo, na rúa ou en privado.
Coincide nesta mesmas datas a Xornada da Vida organizada pola Conferencia Episcopal Española do próximo 25 de Marzo. O lema desta Xornada será: "Siempre hay una razón para vivir"
O sábado 26 está convocada, ás 5 da tarde, unha concentración na praza Maior de Lugo.
Na seguinte web: www.40diasporlavida.es poderán atopar máis información.
SI QUIERO
O bispo de Alcalá e presidente da Subcomisión para a Familia da Conferencia Episcopal Española, Mons. Juan Antonio Reig, presentou o pasado día16 un pack de 12 documentais e un libro titulado "Si, Quiero: claves para un matrimonio feliz", unha coprodución de Goya Producións e Editorial Casals.
É a primeira vez que leva á pantalla un curso prematrimonial completo, non en forma de clases, senón no formato de modernos documentais. Nesta orixinal serie de documentais participaron 56 persoas do cinco continentes: 26 noivos e matrimonios e 30 expertos, incluíndo psiquiatras, psicólogos, filósofos, médicos, xuristas, asesores familiares... "Si, Quiero" vai acompañado por un libro do mesmo nome escrito por Alfonso Basallo e Teresa Díez para completar este método. Reforza os audiovisuais e axuda a aclarar dúbidas cun estilo dirixido aos mozos.
Con ocasión do lanzamento creouse unha páxina web específica: http://www.preparatumatrimonio.com/. Nela atópanse abundantes detalles sobre "Si Quero".