Dúas webs sobre o matrimonio


Unha web, nos idiomas máis falados do mundo -inglés e español- para explicar e promover «a singular realidade e o auténtico significado da palabra matrimonio, que fala de fe, fecundidade, unión estable entre home e muller». A iniciativa é da Conferencia Episcopal Católica dos Estados Unidos. A dirección é http://www.marriageuniqueforareason.org/espanol/  Creada hai dous anos, converteuse nunha das webs máis visitadas de América para profundar nos temas clave no debate sobre matrimonio e familia. 
A web, xunto con  http://www.portumatrimonio.org, pretende situar no universo virtual «todos os recursos para apoiar, promover e protexer o matrimonio». As firmas que inclúe afrontan cuestións esenciais do debate público sobre o matrimonio -diferencia sexual, menores, ben común, liberdade relixiosa, familia-, na exploración do «único ben universal ao servizo da sociedade e da dignidade de cada persoa humana», por medio de subsidios multimedia e ensinanzas do catecismo e do maxisterio da Igrexa católica, xunto a un blog de discusión e profundización e, a petición, un repertorio bibliográfico.

Entradas populares