12 de julio de 2016

MATRIMONIO POLA IGREXA, ¿QUE FACER?



MOI IMPORTANTE:

Toda a información que se ofrece neste apartado ten só validez informativa. En ningún caso é vinculante para a tramitación de documentos para contraer matrimonio. A información ofrécese a título de orientación e con boa vontade. Antes de dar calquera paso consultade ANTES co voso párroco.

Para contraer matrimonio canónico ("pola Igrexa" como di a xente) é necesario que os noivos dean antes uns pasos previos.
- Queremos casarnos "pola Igrexa", ¿Que temos que facer?
O primeiro: os noivos deben ir ás súas parroquias respectivas. Entérate cando o párroco ten despacho ou ponte en contacto con él para concertar unha visita para informarse do que necesitades para realizar o expediente de matrimonio ("os papeis" como di a xente) Así como todo o referido á preparación previa.
- ¿Con canto tempo de antelación temos que ir ver ao párroco?
Debedes acudir con suficiente tempo. Un seis meses antes da data prevista para a voda se os dous sodes da nosa diocese e vivides nela. Se un dos dous é doutro lugar distinto da nosa diocese, é conveniente que acudades mesmo con máis antelación.
- ¿Que é iso do "expediente matrimonial"?
É o que a xente chama "os papeis da voda". Sen completar o expediente matrimonial unha parella non pode casar canónicamente ("pola Igrexa").
- ¿Que documentos se necesitan para contraer matrimonio canónico?
Cada párroco indicará, segundo cada caso concreto, que documentos se necesitan para proceder a completar o expediente matrimonial dunha parella.
Tede en conta que os documentos teñen que ter menos de seis meses desde a data de expedición do mesmo ata a data da voda. Todos os documentos que se solicitan a organismos públicos ou eclesiásticos que teñan máis de seis meses antes da data da voda teranse que solicitar de novo ó organismo correspondente.
Os documentos básicos que se solicitan habitualmente son:
- Partida de bautismo (o interesado pódea pedir na parroquia onde se bautizou).
- Certificado literal de nacemento (hai que pedilo no rexistro civil onde naceu o interesado) ou libro de Familia dos pais.
- E calquera outro documento que o párroco crea conveniente.
Ademais hai que levar a dúas testemuñas, maiores de idade, con carné de identidade e que coñezan desde hai tempo ós noivos. Cada párroco determinará se admite familiares ou non.
- ¿Temos que facer os cursos prematrimoniais?
Si. Recoméndase que os dous noivos realicen previamente os cursos prematrimoniais. Acudide ó voso párroco para máis información.
- ¿E se nos queremos casar noutra parroquia que non é a do noivo nin a da noiva?
En principio non hai maiores problemas. Teñen que poñerse en contacto co párroco da parroquia onde vos queirades casar e solicitarlle data concreta. Cada párroco de destino decidirá o que crea conveniente. Casedes onde casedes, o expediente de matrimonio sempre se ten que facer nas parroquias respectivas do noivo e da noiva.
- ¿Despois de casados como podemos obter o libro de familia?
O mesmo día da voda o párroco que vos casou entregaravos un certificado de celebración de matrimonio. Este certificado tedes que entregalo no Rexistro Civil do lugar onde casastes e alí daranvos o libro de familia.
- Se algunha vez teño que pedir un certificado do meu matrimonio ¿Onde me teño que dirixir?
Calquera documento sobre o seu matrimonio (certificado de matrimonio, etc.) telo que solicitar sempre na parroquia onde casache. Se tamén desexas un documento civil (certificado civil do matrimonio canónico) tes que ir ó Rexistro Civil da localidade onde contraestes o matrimonio canónico. Dá igual que os papeis os arranxarades na parroquia de cada un. Todo o relacionado co voso matrimonio está na parroquia onde casastes.

  

Lembrade que toda a información que necesitedes ofrecerávola gustosamente o voso párroco.