20 de enero de 2014

1ª Xornada do CFMF






Ó redor de 300 persoas, entre matrimonios e fillos, participaron en Silleda na primeira xornada do "Curso de Formación en Matrimonio y Familia". As ponencias correron a cargo de Xosé Manuel Domínguez, doutor en Filosofía e profesor de Secundaria. Ademais, presentouse a experiencia das Escolas de Familias que puxo en marcha a Arquidiocese de Toledo, e que conta xa con 70 escolas.
Xunto a familias chegadas de toda Galicia, o curso contou coa asistencia do Bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro, e do Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, quen presidiu a inauguración oficial do CFMF, así como a Eucaristía coa que se deu por terminada a xornada. A segunda xornada deste curso terá lugar o próximo 15 de marzo.

10 de enero de 2014

O AMOR HUMANO

Juan de Dios Larrú, ponente do CFMF entrevistado no programa de RTVE "Últimas preguntas"

¿Qué significa amar? ¿Cómo é o amor conxugal? ¿Por qué fracasan algúns matrimonios?